12 mozos visitaron a bisbarra no proxecto Eramus + YouthNest

0

Vedra, 27 de xuño do 2019 – 12 mozos de 5 países estiveron en Vedra desde o 14 ao 25 pasados dentro do proxecto europeo Eramus + YouthNest no que participa o concello.

foto de grupo do proxecto europeo Eramus + YouthNestO proxecto  Eramus + YouthNest.crea é unha incubadora transnacional para o empredemento creativo no rural. Esta sendo liderado polo concello de Vedra en asociación con entidades de outros 5 países (Eslovaquia, Portugal, Reino Unido, Países Baixos e Italia). O seu obxectivo principal é fomentar a cultura empresarial entre a mocidade do rural, mellorando as súas competencias en emprendemento e poñendo en valor o rural como lugar no que é posible emprender.

Ao longo de estes días os mozos visitaron distintos lugares e empresas de Galicia. O alcalde Carlos Martínez Carrillo destacaba a importancia de este proxecto de cara ao futuro do rural e explicaba que este tipo de iniciativas son as que poden definir unha Europa máis unida

alcalde e coordinadora falan aos mozos do proxecto europeo Eramus + YouthNestPola súa banda Vanesa Crespo, axente de desenvolvemento coordinadora do proxecto, fai unha valoración moi positiva xa que, tras visitar os distintos negocios, marchan coa idea de que no rural se pode emprender

Mozos emprendedores

Falamos tamén con dous dos mozos para coñecer as súas impresións. Sara chegou desde Italia e asegura que lembrará sempre esta experiencia

Unha viaxe moi importante, adquirimos coñecementos moi importantes de cara ao noso futuro, gustoume moito e foi unha experiencia que lembrarei sempre

En certo modo Galicia e moi parecida ao meu pobo pero tamén é algo moi distinto a idea que tiña do que era España

Tiña unha idea de negocio sobre a que cambiou os puntos de vista con esta visita, non se trata só de pensar no diñeiro, trátase de algo vinculado ao eido máis social e precisa seguir falando con máis xente para desenvolver o proxecto.

Johnny pola súa parte é eslovaco e chegou con tres ideas de negocio e volve para casa con 5

Foron uns días moi especiais para todos nos, adquirimos novas ideas e novas perspectivas sobre o xeito de desenvolver negocios no eido rural.

Eslovaquia e Galicia son moi similares, sobre todo na meteoroloxía.

Eu tiñas 3 ideas que desenvolver e volvo con 5 ideas

O Eramus + YouthNest é un de eses proxectos que soen pasar desapercibidos e co paso dos anos da os seus froitos. O futuro do rural pasa por estes mozos e tal vez dentro de uns anos veremos empresas de éxito en distintos países que naceron ao fío de iniciativas como esta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial