124 novos puntos de luz led no Pino

0

O Pino, 15 de marzo do 2019 – A Plataforma de Contratación do Estado vén de publicar o anuncio de licitación das obras de renovación do alumeado público con lampadas led no termo municipal de O Pino.

Os traballos contan cun orzamento de 81.730 euros que serán financiados integramente polo Plan Único (POS+2018) da Deputación e suporán a substitución do actual sistema de alumeado (con lámpadas de vapor de sodio ou mercurio) por novas luminarias led, que reducen ata nun 90% o consumo de enerxía e melloran a calidade lumínica, incrementando a seguridade tanto viaria como peonil.

O proxecto inclúe a substitución de 124 puntos de luz. En Pereira substituiranse un total de 47 luminarias: Alta Pereira (6), Alvarín (4), Alvite (5), Castro (4), Cimadevila (13) e Igrexa (15). En O Pino substituiranse por luces LED as luminarias de Bermas (10), Igrexa (26), Leborán Grande e Pequeño (18), Piñeiro (19) e Vento (4).

Tamén se substituirán 15 cadros eléctricos, instalando  novos sistemas de protección para sobretensións e toma de terra e reloxo astronómico naqueles cadros que non o teñan, así coma parte do cableado e dos brazos dos postes danados.

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 3 de abril.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial