Carboeiro recibiu case 1.000 visitantes durante os festivos da Semana Santa

0

Silleda, 20 de abril do 2017 –   O mosteiro de Carboeiro vén de bater un novo récord de visitas nos últimos días xa que entre o Xoves Santo e o Domingo de Pascua pasaron polo mosteiro silledense un total de 980 persoas.

O bo tempo e as xornadas festivas contribuíron sen dúbida a este espectacular incremento de visitas ao edificio histórico e o seu entorno.

O xoves foron 223 as persoas que se achegaron ata Carboeiro, o venres acadou as cifras máis elevadas con 390 visitas. O sábado rexistráronse 227 entradas e na xornada do domingo foron 140.

A cifra acadada en tan só 4 días supera mesmo o balance de marzo de 2016, mes no que se caeu o pasado ano a Semana Santa e no que se rexistraron un total de 976 visitas.

“Estamos moi satisfeitos porque Carboeiro e o seu entorno seguen a ser un referente para moitas persoas e un revulsivo para o noso turismo, ao igual que as Fervenzas do Toxa, outro dos lugares máis visitados desta comarca”, indica a concelleira Ana Luisa González.

Dende o pasado mes de xaneiro rexistráranse 2.319 entradas en Carboeiro, cifra á que hai que sumar o espectacular balance da Semana Santa.

18 de maio, entrada libre

Por outra banda, o vindeiro 18 de maio, coincidindo co Día Internacional dos Museos o mosteiro volve acoller unha xornada de portas abertas, tal e como se recolle na normativa que regula o acceso, e que fixa como días de entrada libre o 18 de maio, o 25 de xullo e o 10 de agosto, festividade de San Lourenzo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial