займ срочно

O alcalde de Negreira, Jorge Tuñas, dimite por unha presunta propiación indebida de teléfonos

0

Negreira, 21 de abril do 2017 –  O Alcalde do Concello de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, presentou onte a súa renuncia ó cargo, en virtude do acordo alcanzado no ano 2015 co partido Ciudadanos de Negreira.

Imaxe de arquivo, de esquerda a dereita: Jorge Tuñas, actual alcalde, Manuel Angel Leis, que será o novo alcalde en funcións, e o presidente da Deputación Valentín González

O acordo alcanzado con Ciudadanos en xuño de 2015 permitía que o Psoe gobernará pero Jorge Tuñas tería que dimitir no caso de que se celebrara xuizo por unha suposta apropiación indebida de teléfonos móbiles da súa anterior etapa como alcalde de Negreira tralo anuncio realizado hoxe á veciñanza, a través da emisora municipal Radio Negreira.

Hoxe venres 21 de abril, ás 20:00 horas, celebrarase un Pleno Extraordinario e Urxente para dar conta da renuncia de Jorge Tuñas. O proceso para a elección de novo alcalde contempla un prazo máximo de 10 días para a convocatoria dun Pleno.

 Asume a Alcaldía en funcións, o segundo tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, do Partido Socialista. O ata agora rexedor municipal, Jorge Tuñas Caamaño, seguirá formando parte da Corporación Municipal como concelleiro electo do PSOE.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies