займ срочно

Alumnado do IES realiza un documental sobre o Milladoiro

0

Ames, 26 de abril do 2017 – O alumnado dun grupo de 1º da ESO do IES do Milladoiro están inmersos na rodaxe dun documental no que afondan sobre as orixes e a identidade da súa contorna.

O proxecto de innovación educativa Cine en curso, coordinado pola profesora de educación plástica, visual e audiovisual Pilar Rodríguez, e no que participan outras tres profesoras de distintos departamentos, estase levando a cabo durante todo o curso cun intenso traballo de investigación e tamén de educación audiovisual a cargo do cineasta Marcos Flórez.

Os rapaces, acompañados do cineasta e das docentes, rodarán en distintos puntos de Milladoiro durante os días 27 e 28 de abril e contarán coa colaboración de varios veciños.

A produción se presentará o 16 de xuño nunha proxección conxunta dos cinco centros que este ano están a realizar este proxecto. Posteriormente se farán proxeccións no Instituto para o alumnado e nunha sala do Concello aínda sen determinar para todos os veciños de Milladoiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies