A Deputación de Pontevedra arranxará o primeiro tramo da estrada Silleda-Escuadro

0

Silleda, 28 de abril do 2017 –  O Concello de Silleda vén de pechar a petición formulada á Deputación de Pontevedra para arranxar a estrada EP- 6509, que une Silleda con Escuadro. Este vial está moi deteriorado no primeiro tramo, dende o enlace coa N-525 en Silleda, polo que dende o Concello se vén apremiando á entidade provincial, titular da mesma, para proceder ao seu arranxo.

O alcalde, Manuel Cuiña e o de Obras e Servizos, Klaus Brey, mantiveron un encontro co director de Mobilidade da Deputación, Daniel Romay que explicou as actuacións técnicas que se levarán a cabo para mellorar este tramo.

O firme repararase cunha nova capa de rodadura e ampliando a calzada a 5,50 metros, con bordes de cuneta formigonados. Segundo explicou o técnico provincial, a Deputación encargarase agora de elaborar o proxecto técnico para proceder á correspondente contratación dos traballos. As presivións que se manexan pasa por ter rematada a obra a finais do verán, e a inversión prevista sitúase en torno aos 123.000 euros.

“Trátase dunha actuación que viñamos demandando dende hai tempo polo mal estado deste primeiro tramo, que da acceso ademais a enclaves coma o o Castro de Toiriz””, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

O deterioro deste vial agravouse nos últimos anos provocando incluso desprendementos nalgunha zona “Agardamos que as obras poidan comezar canto antes para mellorar esta vía, moi transitada por veciños e usuarios da zona e que precisaba unha reparación en condicións”, engade o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial