займ срочно

Mercadona non instalará en Teo un novo supermercado

0

Teo, 28 de abril do 2017 – O concello de Teo recibiu a comunicación da firma Mercadona de desistir da intención de abrir un novo centro en Montouto.

Segundo un escrito presentado o 25 de abril esta empresa comunica a súa intención de desistir da solicitude de aprobación dun estudo de detalle que se estaba tramitando para permitir a súa ubicación nunha parcela na zona de Montouto.

Esta empresa de supermercados leva anos interesada en abrir un dos seus establecementos no termo municipal teense atopando sempre a mellor das disposicións por parte do Concello, tanto dende o punto de vista técnico como de xestión do goberno municipal, como eles mesmos recoñecen no escrito presentado.

Dende os servizos técnicos traballouse nos últimos meses intensamente para levar a cabo a tramitación urbanística necesaria para facer viable a construción do Mercadona. Incluso cando a Xunta de Galicia formula a necesidade de reaxustar o estudo de detalle inicial, o Concello procura saídas legais para buscar a viabilidade técnica do inmoble, aceptadas sen problema pola administración autonómica.

Esta última tramitación a piques de finalizar administrativamente, foi obxecto de desestimento por parte do Mercadona, que indica cuestións meramente empresariais para súa decisión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies