займ срочно

Frades denuncia actos vandálicos cometidos contra a sinalización do municipio

0

Frades, 7 de maio do 2017 – O Concello de Frades presentará unha denuncia diante da Garda Civil polos actos vandálicos cometidos nas últimas horas contra a sinalización das estradas e localizacións turísticas do municipio.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explica que “dende o Concello xa puxemos en coñecemento da Garda Civil os actos vandálicos levados a cabo contra a sinalización das nosas estradas. Nestes momentos estamos a revisar todas as estradas para detectar e valorar todos os danos sufridos para poñer a correspondente denuncia”.

Nunha primeira visual, os técnicos do Concello de Frades puideron comprobar que os danos afectan sobre todo á sinalización turística e das rutas de sendeirismo, pois os grandes paneis en madeira que indicaban os camiños con mapas e fotos do mesmo foron derrubados e destrozados. Tamén se ten apreciado o derrubo ou rotura de sinalización de localidades do municipio e enclaves municipais, como o novo punto limpo compartido con Mesía.

Así mesmo, os técnicos tamén teñen detectado a caída dalgún sinal vertical de tráfico, o que supón un grave risco para a seguridade viaria. Por este motivo, persoal do Concello de Frades está a revisar hoxe todas as estradas do municipio “para facer un inventario de todo o municipio, repoñer aquelas que teñan que ver co tráfico e tamén para poñer a correspondente denuncia”, apunta Roberto Rey, quen fai tamén un chamamento a colaboración veciñal para ver de dar cos autores dos desperfectos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies