займ срочно

Estudantes de Boqueixón informarán da importancia de separar residuos no fogar

0

Boqueixón, 6 de maio do 2017 – O alumnado de 4º de ESO do CPI Antonio Orza Couto está a realizar dende principios de curso un proxecto de Aprendizaxe-Servizo centrado nunha campaña de sensibilización  para a correcta separación de residuos no fogar no Concello de Boqueixón.

Esta campaña consta de dúas fases, unha primeira centrada no traballo en aula nas diferentes asignaturas implicadas, nas que o alumnado en colaboración co seu profesorado deseñou os diversos materiais dos que consta a campaña  para  a concienciación medioambiental:  un audiovisual, carteis da campaña, dípticos informativos, enquisas e xogos didácticos para a concienciación dos máis pequenos.  Este traballo de deseño realizouse xunto a obradoiros formativos previos ao longo do primeiro e segundo trimestre deste curso.

Unha vez elaborados os materiais, o alumnado do CPI  pon en marcha a campaña de sensibilización para a separación de residuos no fogar, cunha presentación o vindeiro domingo 7 de maio, nun acto que contará coa presenza da Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez.

A campaña de sensibilización desenvolverase ao longo deste mes de maio, e contemplará as seguintes actuacións:

– Campaña “porta a porta”: consistente da distribución de material informativo sobre a campaña para a mellora da separación de residuos no fogar.

– Xornadas de sensibilización nas feiras de Lestedo e Rodiño.

– Distribución de carteis nos establecementos comerciais .

-Realización de xogos didácticos para o alumnado de educación primaria.

-Realización de enquisas sobre hábitos na separación de residuos no fogar.

Este proxecto está  promovido polo Concello de Boqueixón coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies