Cando en novembro do 2015 entrevistamos a Rafa Sisto para o Lindeiros en papel aínda resoaba a polémica en torno a marcha de Martiño para Compostela. O alcalde de Teo non axudaba a serenidade defendendo a fusión de concellos pero un ano e medio despois, e con algúns obxectivos cumpridos, segue pensando e defendendo o mesmo

Comezamos preguntando por un dos obxectivos que parecía complexo: a municipalización da auga, Rafa Sisto é rotundo cando di que o resultado dun ano de xestión debería animar ao resto dos concellos a facer o mesmo

Un dos principais problemas para municipalizar servizos é a de axustar a Lei Montoro en todo o que atinxe á contratación de persoal. Rafa Sisto explica que se viron obrigados a buscar solucións “creativas” e que incluso en este tempo xa puxeron en marcha máis municipalizacións

A municipalización de servizos compromete unha gran parte dos orzamentos pero ao mesmo tempo da liberdade para tomar decisións en moitas das problemáticas

O seguinte paso sería que concellos limítrofes municipalizaran tamén o servizo e poder compartir os gastos que conleva. A priori o seguinte en poder facelo sería Ames pero Rafa Sisto recoñece que non sabe que sucede en ese concello e porque non ve a ningún dos grupos especialmente decididos a levala a cabo.

Non fai moito que, precisamente en Ames, reuníanse os alcaldes da comarca, excepto Compostela, para falar do servizo de bombeiros. Rafa Sisto e tamén en isto moi claro, na provincia da Coruña os concellos da comarca de Compostela son os únicos que non teñen un parque comarcal gratuíto e pide que, do xeito que sexa, se acabe con esta discriminación

A teórica colaboración entre concellos, desexada por todos para reducir custos e axilizar o traballo, vese limitada polos procedementos burocráticos. Rafa Sisto recoñece que na práctica é máis doada a fusión que os convenios de colaboración

Esa dificultade de colaboración afecta, en certo sentido, a outro dos obxectivos conseguidos en Teo en este ano e medio: as liñas de transporte interior. A posibilidade de que nun futuro se amplíen a núcleos de poboación de concellos limítrofes vese paralizada por eses problemas burocráticos

Rafa Sisto ten claro que o novo deseño de transporte no que traballa a Xunta é unha oportunidade única pero terán que contar cos concellos para facelo ben

Outra das políticas implementadas en esta lexislatura foi a posta a disposición dos veciños de lugares de uso común. Os resultados sorprenderon incluso ao goberno municipal pola participación cidadá e a súa capacidade de recuperar relacións entre veciños.

Para o que queda de lexislatura Rafa Sisto quere seguir intentando por en marcha o parque industria da Ramallosa aínda que recoñece que será complicado, o parque de bombeiros e a municipalización de máis servizos son outros dos obxectivos que se marca

Botando a vista atrás e a entrevista feita no 2015 resulta evidente que o traballo feito en Teo é moito, que os obxectivos que parecían tan complexos fóronse cumprindo e que un equipo de goberno en coalición, Son de Teo e Psoe, pode funcionar moi ben, ao mellor hai que reflexionar porque coalicións similares non funcionan en outros ámbitos.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies