займ срочно

Un  graffiti para homenaxear ós melindres de Melide

0

Melide, 12 de maio do 2017 – Melide celebra esta fin de semana a Festa do Melindre e como homenaxe aos seus postres encargou un graffiti que invita a parar e probalos.

A pintura urbana está situada na AC-840 a altura da Avenida de A Coruña, unha das estradas máis transitadas polos peregrinos que non deixarán de ver unha proposta tan apetitosa. O graffiti representa precisamente un peregrino que se acerca a vila na que lle esperan os doces tradicionais e os seus ingredientes, ovos, manteiga, azucre xunto con amendoados e melindres.

Non é a única acción vinculada a XXVI Festa do Melindre xa que o concello colabora tamén con ONCOMET recollendo fondos para a investigación da biopsia líquida. Por outra banda este ano o concello promocionou a Festa do Melindre en Viana do Castelo (Portugal), alí impartiuse unha masterclass con vinho verde na Escola de Hotelería e Turismo da rexión norte do pais veciño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies