займ срочно

Máis de 160 avós e avoas participan nun encontro de recoñecemento ao seu labor

0

Compostela, 10 de novembro do 2018 – Cruz Vermella desenvolve o programa de Avós e Avoas Educadores en sete localidades galegas para apoiarlles no coidado dos seus netos. O papel que desempeñan moitos avós e avoas no coidado e educación dos seus netos resulta fundamental para moitas familias.

Coa finalidade de ofrecerlles apoio e facilitarlles ferramentas e recursos desenvólvese o programa de Avós e Avoas Educadores, trátase dun programa de Cruz Vermella financiado pola a Xunta de Galicia que este outono cumpre dous anos da súa posta en marcha.

Máis de 160 persoas das que participan habitualmente nas actividades do citado programa asistirán este sábado 10 de novembro á  Xuntanza de  Avós e  Avoas Educadores. Un encontro que se celebra en Santiago de Compostela e cuxa finalidade principal é recoñecer e agradecer o labor que desenvolven no día a día cos máis pequenos e que tamén servirá para que compartan experiencias entre eles.

Programa

As actividades da mañá celebraranse na Cidade da Cultura. A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, e a presidenta de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro Vermello, serán as encargadas de inaugurar a  Xuntanza. A continuación intervirá o científico Anxo Carracedo, a pedagoga Verónica Martínez e o humorista Isi e, ademais, haberá un espazo dedicado a coñecer máis de preto as historias destes avós e avoas. Posteriormente terá lugar unha comida e actividades lúdicas pola tarde.

Desde 2016 ata a actualidade xa son 456 avoas e avós as que se beneficiaron deste programa, que se basea nunha metodoloxía dinámica e participativa e que se celebra en sete localidades galegas: A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies