займ срочно

Ruta ciclista para lembrar o Día Mundial contra o Traballo Infantil

0

Compostela, 12 de xuño do 2017 – O activista Jesús Antonio Fernández Olmedo impulsa a 1º Ruta Ciclista no Día Mundial contra o Traballo Infantil que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela hoxe Luns 12 de Xuño ás 20:00hrs.

Hoxe é o día sinalado polas Nacións Unidas para reflexionar sobre o modelo de sociedade no que respecta ao traballo infantil e a realidade da explotación dos nenos en todo o mundo.

Jesús Antonio Fernández Olmedo leva 34 anos como activista impulsando accións en distintos países, recentemente acaba de chegar de Dakar, cidade onde realizou debates en distintas escolas tratando de levar unha mensaxe de Non Violencia, organizando debates, etc… “O Africa Subsahariana é o lugar onde existe maior explotación infantil , para que isto non ocorra debemos nós , os adultos , a xente que se considera madura, cambiar o chip, cambiar a mentalidade” Olmedo di que “Isto significa, modificar os nosos valores, agora só nos movemos polos desexos cotiáns, momentáneos , todo isto aderezado co diñeiro como valor central e estes pensamentos e actitudes plasmados despois en feitos son os que están arruinado o mundo e tendo consecuencias en puntos moi afastados aínda que en principio , non o sintamos así”.

Como xeito de reflexionar e facer visibles os problemas dos nenos en todo o mundo no que respecta a explotación por medio do traballo, o activista Fernández Olmedo convida a participar de esta ruta ciclista polas rúas de Compostela que sairá as oito da tarde de diante do concello de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies