Movendo os marcos: Ribeiro son de viño

0

Non tedes necesidade de sair da bisbarra para pasalo ben pero ampliar horizontes sempre enriquece e por iso en Movendo os marcos vos facemos propostas que van máis alá do noso territorio natural

San Vicente do Mar, 6 de xullo do 2017 – A máxica contorna do Náutico de San Vicente do Mar acollerá o vindeiro sábado 15 de xullo a cuarta edición dun dos festivais máis peculiares do verán. O que fusiona os viños da denominación de orixe Ribeiro coas mellores bandas do panorama galego actual, todo iso xunto á beira do mar, na praia da Barrosa.

Desde as 13.00 do mediodía e ata a madrugada, o viño da denominación de orixe Ribeiro soará a rap, folk, pop negro, r&b, soul, indie rock, garage, punk, surf e moito máis. A cuarta edición de Ribeiro Son de Viño este ano une a Malandrómeda, Sen Senra, De Vacas, Kings of the Beach e Escuchando Elefantes cos viños de Alberte, Viña Meín, Viña Costeira, Eduardo Bravo, Villanueva e Son de Arrieiro.

Os propios adegueiros participarán activamente no festival e estarán a disposición de todos os asistentes para guiarlles nas degustacións e conversar sobre a variedade e diversidade que esta zona ofrece, sempre cun denominador común: a calidade e as súas variedades de uva autóctonas.

Música, viño, praia e gastronomía forman o tándem perfecto que ofrece Ribeiro Son de Viño para o 15 de xullo, un evento diúrno que este ano inclúe varios sorteos entre os asistentes e unha actividade sorpresa entre adegueiros e músicos que se desenvolverá a media tarde.

As bandas que formarán parte do festival de esencia galega da denominación máis antiga de Galicia son elixidas pola súa calidade e talento, co obxectivo de unir unha ampla variedade de estilos ao redor dunha copa de Ribeiro porque Ribeiro une!

Tedes toda a información en : https://www.ribeiro.wine/es/festivalsondevino

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial