займ срочно

O lugar de Leira en Ordes acolle mañá o XXV Encontro de Grupos de Danzas Rexionais

0

Ordes, 15 de xullo do 2017 – Os organizadores do XXV Encontro Folclórico de Leira xa teñen todo listo para que mañá domingo, 16 de xullo, a música e o baile tradicional marquen a xornada na parroquia.

Como cada ano o campo da festa, marco incomparable para esta cita lúdica, volverá encherse de gaitas, tambores, pandeiretas e traxes tradicionais. Nesta ocasión incluso chegados dende Asturias, xa que entre os sete grupos participantes desta edición figura a Asociación de Baile e Música Tradicional La Xorda, procedentes da localidade de Podada de Llanera.

Cabe destacar que este encontro está considerado como un dos máis importantes e lonxevos de toda a provincia. Organizado polo Grupo de Danzas Asociación Cultural Veciños de Leira, como de costume contan coa colaboración do Concello de Ordes e coa da Deputación da Coruña.

O programa arrancará ao mediodía cunha comida campestre para dar paso a partir das 18 horas ao festival, cuxo cartel se completa coas seguintes agrupacións ademais das citadas anteriormente: A.C. Os Penediños (O Porriño, Pontevedra), A.F. Recordos da Nosa Terra (Bueu, Pontevedra), Airiños do Frade (Cabanas, Ferrol) e a Escola de danza tradicional Asociación Xuvenil Arume (Carballo, A Coruña.

 Unha vez rematadas as actuacións, arredor das 20 horas, a organización invitará aos integrantes dos grupos e aos seus acompañantes a unha merenda con bebidas e petiscos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies