займ срочно

Compostela, 22 de xullo do 2017 – Cando chega xuño un comeza a escoitar en barrios de Compostela o son metálico dos discos golpeando, é o xogo da chave que comeza nas eiras da cidade.

Si un busca información sobre o xogo da chave en internet atopará abundantes páxinas , veremos as diferenzas no xeito de xogar en distintos puntos de Galicia, as medidas que se usan, as principais ligas… pero cando un pregunta polos inicios do xogo todo o mundo di que viron desde pequenos aos maiores xogar pero non poden explicar moito máis.

En Santiago a constitución da Asociación da chave pérdese na noite dos tempos pero chega con dicir que a edición do Trofeo do Apóstolo é a número 39. José Puente leva 12 anos como presidente pero hai 50 anos, cando acudía co seu pais as eiras de xogo da chave, xa existía a asociación

Actualmente hai 11 equipos que disputan a liga regular do xogo da chave. Cando remata a liga comeza unha preselección da que saen os finalistas para o trofeo do Apóstolo. A medida que pechan as eiras e a xente se xubila o número de participantes descende, hai anos eran moitos mais de 200 e hoxe están en torno aos 120 xogadores.

As normas son distintas en cada zona pero tamén os modelos de xogo da chave

Como dicíamos ao principio non é doado saber de onde ven o xogo da chave, ao máximo que chegamos e que antes a chave era de madeira

José Puente fai esforzos para que os xoves se incorporen a este xogo e acude aos colexios de xeito regular pero a falta de apoios fai moi difícil o traballo

Con todo o disfrute dos máis cativos compensa de sobra o esforzo e demostra que o xogo da chave é para calqueira idade

Hai xa uns cantos anos Manolo Portas, concelleiro do BNG de 1999 ao 2007, atendeu a petición dun grupo de mulleres que formaran un equipo, de aquela iniciativa quedan un grupo que se reúne en Roxos para xogar, Maricarmen é unha delas e o que máis valora é o feito de estar xuntas pero cando máis disfruta e cando acerta

Falamos tamén con Manolo Portas para coñecer como foi aquela etapa. O ex concelleiro explica que as mulleres querían xogar pero o que non querían era ter que ir aos bares para facelo

O xogo da chave é común en toda a cornisa cantábrica con distintas variantes, non ten a sona de outros xogos tradicionais e por iso require máis atención por parte das administracións xa que tamén é parte do noso patrimonio.

A partir do próximo xoves xogarase o XXXIX torneo de chave do Apóstolo, un dos torneos máis antigos e que se poderá disfrutar na Alameda de Compostela, detrás da fonte do paseo central. En Lindeiros daremos conta das parellas que xogan e recomendamos asistir, é un xeito de apoiar a unha Asociación, a da Chave, que loita cada ano por manter unha das tradicións máis arraigadas de Compostela.

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”36″ sortorder=”617,619,620,626,615,618,614,616,621,622,625,623,624,627″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”4″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies