Un concerto clausura mañá o luns os cursos de Lingua Galega

0

Compostela, 23 de xullo do 2017 –  Os cursos ‘Galego sen fronteiras’ pecharán a súa edición 2017 cun acto mañá luns 24 a partir das 11.00 horas no Paraninfo da Universidade.

O Instituto da Lingua Galega colabora na organización deste curso que organiza a Real Academia Galega co apoio da Deputación da Coruña e da Secretaria Xeral de Política Lingüística. No acto celebraranse os trinta anos de vida deste programa contando como convidado especial cun dos alumnos das primeiras edicións, o profesor xaponés Takekazu Asaka, embaixador da cultura galega no seu país, e cun concerto conmemorativo a cargo de dous compatriotas, a soprano Miho Haga e do pianista Yukiko Yamagami, que interpretarán poemas de autores galegos e cancións populares.

O peche do curso de Lingua Galega contará ademáis de con Takekazu Asaka co reitor Juan Viaño; o presidente da Real Academia Galega, Victor F. Freixanes; o académico e co director dos cursos Xosé Luís Regueira; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; e o secretario do ILG, Francisco Dubert.

No acto entregaránselles os seus diplomas ás máis de 80 persoas procedentes dunha vintena de países de Europa, América, Asia e Oceanía que participan nesta edición. Dende a súa creación en 1988, polos cursos pasaron máis de 2.600 estudantes de todo o mundo. Nas súas aulas aprenderon galego moitas das persoas que hoxe verten a outros idiomas a literatura e referentes nos estudos galegos a nivel internacional como é o propio Takakazu Asaka, autor da primeira gramática galega para xaponeses e tradutor ao xaponés de Rosalía e outros autores das letras galegas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies