займ срочно

Feito a Man chega para encher agosto de música

0

Compostela, 1 de agosto do 2017 – O Feito a Man foi presentado onte no seu territorio natural, nas rúas da zona vella, e traerá ata o 30 de agosto 80 espectáculos e dúas homenaxes moi emotivas.

Feito a Man chega a decimo cuarta edición co sentimento posto en dúas figuras moi especiais que nos deixaron nos últimos meses, Fran Pérez Narf e Angus, o violinista de Shooglenifty que tanta relación tiña con Galicia e Compostela.

O festival organizado pola Asociación Cidade Vella foi presentado na Praza de Feixoo, coa presenza de Manu Rodriguez e Anxeles Porto por parte da organización, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o alcalde Martiño Noriega, ademais da actuación de Espiño.

Polo Feito a Man deste ano, o máis longo e abondoso de todos os que se teñen celebrado, pasarán máis de 70 propostas artísticas diferentes de diversos estilos musicais: pop, rock, blues, jazz, hip hop, música tradicional galega…

Como vén sendo habitual, o groso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato. Así, á parte de rúas como a Vía Sacra, a rúa da Orfas, a Praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa Xelmírez; tamén haberá actuacións nas prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario, Cervantes ou Quintana.

Dous concertos especiais

O Feito a Man 2017 acolle dous concertos de pago, de maiores dimensións e de lembranza. O 20  de agosto un concerto dos escoceses Shooglenifty coa Banda das Crechas e as Tanxugueiras, que levará o nome de ‘Noite para Angus’, o violinista da banda escocesa que tanta relación tiña con Galicia. O día 30, para pechar o festival, terá lugar o espectáculo ‘Camiñar sen fin. Concerto para Narf’, no que participarán ducias de artistas do mundo da música e das artes escénicas que farán un percorrido pola carreira de Fran Pérez, ‘Narf’.

Bandas locais e internacionais

Tal e como é sinal de identidade desde o comezo da propia existencia do festival se prima o talento local con bandas como Oh Ayatollah, Espiño, Som do Galpóm, Os d’Abaixo, Valentin Caamaño Trío, Trifasic, Zapa, Chocolate band, Mojo Experience, Pablo Sanmamed Trio, Alô Django, Garcia Mc, The Neighbour, Banda das Crechas, Grüvzilla, Leira Catro, The Show Bass, Puma Pumku, Noe Black ou Tres Pesos.

Pero as bandas internacionais tamén terán o seu protagonismo e poderase disfrutar de Quique Escamilla (Canadá/México), Kyekyeku (Ghana), Kamankola (Cuba), DJ Najle (Colombia), Cygne (California, EEUU), Kaela Rowan Band (Escocia), Haema (Portugal), Michelle Alany and the Mystics (EEUU), Scratchy Sounds (Inglaterra), Mongrel State (Irlanda) ou Luiz Caracol (PT).

Outras novidades

Alén da programación, o festival este ano estrea viño propio, un ribeiro con uva treixadura que leva o nome do festival. E tamén unha app, tanto para móbiles Android como iOS, que se pode descargar de forma gratuíta.

Este festival, organizado pola asociación cultural Cidade Vella, está apoiado polo Concello de Santiago e pola Deputación da Coruña, ademais de patrocinado por Estrella Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies