Máis de 200 inscritos na XXIII Carreira Popular Concello de Ordes

0

Ordes, 8 de setembro do 2018 – Máis de 200 atletas de todas as idades participarán este domingo na XXIII Carreira Popular Concello de Ordes.  

As probas das distintas categorias darán comezo ás 10 horas coas Sub 14 e Sub 16 (3.000 m); ás 10.30 horas baby e prebenxamín (500 m); ás 10.50 Sub 18, Sub 20, Sub 23, sénior e máster (9.500 m) e ás 11 horas Sub 10 e Sub 12 (1.000 m). Na Carreora Popular  poderán participar tanto corredores e corredoras federados como non federados. Tanto a saída como a meta quedarán situadas na mesma alameda para todas as categorías. 

A organización ten previstos premios en metálico de 150, 100, 80 e 50 € para os tres primeiros clasificados segundo as categorías individuais, clubs federados e grupos do municipio. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados a partir da categoría Sub 10 (mulleres e homes), así como para as tres primeiras mulleres e os tres primeiros homes da carreira Sub 18, Sub 20, 23, sénior e máster. Tamén otourgarase trofeo aos tres primeiros clasificados censados do Concello na proba absoluta (mulleres e homes), ao participante máis novo e ao máis veterano que logre concluír a carreira da súa categoría. Os trofeos non serán acumulativos.

O Concello de Ordes porá á disposición das persoas participantes un servizo de duchas e vestiarios. Quen finalice o percorrido tamén recibirá avituallamento líquido e unha camiseta conmemorativa do evento.

Para calquera información adicional poden poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello de Ordes chamando ao 981680002, ext. 5. Tamén se poden consultar as seguintes páxinas web: www.ordes.gal, www.atletismo.gal e www.carreirasgalegas.com.

Un ano máis o Concello de Ordes conta coa colaboración de importantes firmas comerciais da zona. Entre elas destacan Infantilandia, Cola Cao, Carnicería Enrique, Seguros Reale, asesoría Jaime Castro, Pazo Bidueiro, Feiraco, AvenaCao, Nocilla e froitería A Nova.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial