займ срочно

200 persoas decidiron o destino dos orzamentos participativos de Ames

0

Ames, 28 de decembro do 2020 – Só duascentas persoas, dunha poboación que supera os 30.000 habitantes, rexistráronse para votar os orzamentos participativos de Ames que remataron o pasado día 13.

Plano do anfiteatro do Milladoiro que recibirá unha inversión de 40.000 euros

Foron 156 as propostas presentadas para as dúas categorías, rural e mocidade. Os participantes votaron con 3 puntos á predilecta, 2 a seguinte e 1 a terceira preferida. Nos orzamentos participativos para o 2021 emitíronse un total de 548 votos válidos. A proposta gañadora para o rural, mellora da seguridade viaria, o foi con 99 votos. No caso dos destinados á mocidade gañou a realización de melloras no anfiteatro do Milladoiro, construído xa con outra convocatoria de orzamentos participativos, cun total de 27 votos.

O equipo de goberno primou o proceso de votación dixital dos Orzamentos Participativos, motivado pola situación de alerta sanitaria imperante nestes momentos, facilitando así a participación da veciñanza todo o proceso de votación, organizando e apoiando tamén sesións de votación presenciais en todas as parroquias. 

Investimentos

Os investimentos do rural están dotados con 120.000 euros que serán destinados á mellora da seguridade viaria nas parroquias ao ser a opción máis votada pola veciñanza. No caso dos investimentos para a mocidade, dotados con 40.000 euros, o censo máis novo optou por solicitar a mellora do espazo do Anfiteatro do Milladoiro..

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, amosa “o noso agradecemento a todas aqueles veciños e veciñas que participaron nos Orzamentos Participativos 2020 do Concello de Ames nun ano complicado. Non foi fácil tomar a decisión de por en marcha este ano os Orzamentos Participativos, máis estamos contentos de dar ese paso, e os 548 votos emitidos amosan que a cidadanía segue aí con inquedanzas e demandas ás que haberá que dar resposta”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies