займ срочно

Os socialistas de Ordes a favor dun novo goberno encabezado polo BNG

0

Ordes, 6 de agosto do 2017 – O PSOE de Ordes ofrece a súa colaboración e axuda ás demais forzas da oposición na corporación municipal para conformar “un goberno progresista no Concello, que sirva para poñer fin á grave situación de ingobernabilidade creada polo PP e polo comportamento irresponsable do actual alcalde”.

Aejandro Manteiga é o portavoz do Psoe no concello

Aejandro Manteiga é o portavoz do Psoe no concello

O psoe de Ordes valora positivamente a proposta de que o novo executivo estea encabezado polo BNG e coinciden co idea nacionalista de darlle protagonismo a maioría social. O PSOE lembra opta nun comunicado por “poñer en valor a cultura de gobernos conxuntos que atesouran socialistas e nacionalistas, no seu momento na Xunta e na actualidade en numerosos Concellos e nas Deputacións da Coruña e de Pontevedra, con resultados francamente positivos e satisfactorios”.

O PSOE empraza ao BNG a valorar as propostas existentes e a explorar ata o final as opcións dun goberno que poida atallar e reconducir a lamentable deriva do Concello, causada por un goberno extremadamente débil e sen capacidade nin interese para dialogar e negociar cos demais grupos propostas positivas para o pobo de Ordes.

Os socialistas consideran que “a veciñanza non debe pagar as consecuencias do actual desgoberno do PP” e piden as forzas da oposición que aproveiten o tempo para establecer un diálogo que “desde a xenerosidade e a flexibilidade de todos, pode resultar frutífero para poñer en marcha en común un proxecto progresista útil para a maioría, por riba de calquera interese partidista”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies