Dez partidos amigables na pretempada do Santiago Futsal

0

Compostela, 8 de agosto do 2017 – O pasado martes 1 de Agosto arrincaba a pretempada para o Santiago Futsal que xogará 10 amigables antes do comezo da liga.

Os amigables disputaranse durante o mes de Agosto e a primeira semana de Setembro, antes de visitar ao CA Osasuna Magna o sábado 16 de Setembro na 1ª xornada da Liga Nacional de Fútbol Sala.

Este sábado 12 de Agosto a escuadra branca desprazarase a Meira (Lugo) para medirse ao Ribeira de Piquín FS ás 18h, no que será o partido inaugural da pretempada santiaguesa. O mércores 16 chegará un dos pratos fortes da axenda santiaguesa: Palma Futsal. Os de Santiago recibirán ao conxunto insular no Multiusos Fontes do Sar ás 20.30h, nun encontro que servirá para medir forzas ante un dos equipos punteiros do campionato e que traerá de volta ao feudo santiagués a  antigos xogadores brancos como Diego Quintela, David Pazos, Carlos Barrón ou Eloy Rojas.

Sen tempo para o descanso, os de Valladares viaxarán a Burela o venres 18 e o sábado 19 para disputar un dos torneos estrela do verán, o torneo ‘Burela Bonita’. O prestixioso premio dos da Mariña, por segundo ano consecutivo, cita ao anfitrión Burela Pescados Rubén e aos conxuntos de Primeira Divisón: Movistar Inter, Palma Futsal e Santiago Futsal. A zamarra branca medirase ao conxunto lucense en semifinais o venres ás 19h e en función do resultado; xogará o sábado o encontro polo 3º ou 4º posto ás 19h, ou a final ás 21h, contra o gañador do Palma Futsal vs Movistar Inter do venres.

A continuación chegará unha semana de gran esixencia para os xogadores, con tres citas en cinco días. O martes 22 mediranse á Selección de Turkmenistán aproveitando a estancia en Galicia do combinado oriental, o xoves 24 visitarán ao, recentemente ascendido a Segunda División, Noia Portus Apostoli e finalizarán a semana o sábado 26 cun encontro en Melide ante o equipo portugués Pinheirense FC.

O sábado 2 de Setembro desprazaranse a Vigo, onde compartirán pista con O Parrulo Ferrol, compañeiro galego dos santiagueses en Primeira División, e La Peña Talleres ABC de Vigo da Terceira División Nacional. Xa na última semana de pretempada, os brancos xogarán ante Prone Lugo o xoves 7 de Setembro no Pino. Pecharán os amigables do período preparatorio o sábado 9 de Setembro ás 19.30h no Barco de Valdeorras (Ourense) coa súa participación no 1º Memorial Jess Carreira, organizado polo conxunto da 2ª División B O Barco de Valdeorras, en memoria do xogador ourensán falecido a pasada temporada.

Un total de 10 encontros amigables que servirán a xogadores e corpo técnico do Santiago Futsal para ir avanzando na súa preparación de fronte ao esixente arranque ligueiro o día 16 de Setembro.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies