A amesá Celia Montero subcampiona Galega de Tenis e campiona en dobres

0

Ames, 10 de agosto do 2017 –  Celia Montero prosigue acadando éxitos e confirma a boa decisión dos país cando a anotaron a tenis en Aldea Nova con tan só 5 anos.

Celia Montero ten 17 anos pero leva acumulados xa moitos trofeos. Foi campiona galega cadete en individual e mixto no ano 2014 o que lle valeu tamén o galardón a promesa deportiva na Gala do Deportes de Ames no 2014. Agora Montero vén de conseguir o segundo posto no Campionato Galego Absoluto de Tenis ademais de ser a gañadora dos dobres femininos, xunto con Ana Pérez Conde, e do dobre mixto con Pedro Ecenarro.

Montero comezou neste deporte con cinco anos no club de tenis existente en Aldea Nova e, desde aquela, ten recorrido múltiples campionatos tanto a nivel galego, estatal  internacional. Nos últimos días, a tenista ten participado de dúas probas en Portugal: no XXIII Internacional Júnior en Leiria e no Taça Diogo Napoles, na cidade do Porto (onde está a competir actualmente).

O seu obxectivo é chegar a ser unha tenista profesional, porén Montero é consciente das moitas dificultades que existen para iso. Na actualidade, está a completar a súa formación no tenis nunha escola profesional en Valencia, ao tempo que estuda o bacharelato a distancia.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies