займ срочно

23 bibliotecas da bisbarra recibirán axudas para a compra de novedades editoriais en galego

0

Bisbarra, 7 de abril do 2018 –  A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concédelles este ano axudas a un total de 155 concellos para dotar as bibliotecas e axencias de lectura municipais dos títulos editoriais máis recentes en lingua galega, na bisbarra de Compostela serán 23 os concellos beneficiados.

A Secretaría Xeral de Cultura investiu un total de 550.000 euros. Desta contía, 200.000 destináronse á adquisición de novidades editoriais, co fin de que as bibliotecas e axencias de lectura públicas de Galicia teñan ao dispor dos seus usuarios e usuarias as obras máis recentes publicadas en galego no momento da súa entrada no mercado. Os municipios que resultaron beneficiarios desta liña de axudas na bisbarra de Compostela foron Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Lalín, Melide, Mesía, Ordes, Oroso, Padrón, O Pino, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Vila de Cruces.

Actualización das coleccións

Dos 155 municipios un total de 115, xunto con Allariz, Ares e Baiona, tamén resultaron beneficiarios das axudas da Secretaría Xeral de Cultura para actualizar as coleccións bibliográficas, a través da compra de monografías (tanto libro infantil como libro dirixido as persoas adultas), material sonoro (discos e vinilos), videogravacións (DVD, Blu-Ray), recursos electrónicos (CD-ROM, DVD-ROM ou calquera outro formato para videoxogos), partituras e material cartográfico (mapas e planos). Estes materiais, para os que se destinaron 350.000 euros, deben estar dirixidos ao mantemento ou renovación da colección e ter por obxectivo o préstamo a domicilio ou a consulta dentro das instalacións da propia biblioteca. Mellorar os servizos que as bibliotecas públicas lle ofrecen á cidadanía así como impulsar o comercio do libro galego son os principais obxectivos da Consellería de Cultura e Educación con estas dúas liñas axudas, que na súa edición de 2018 se convocaron por vez primeira conxuntamente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies