займ срочно

25N Brión contra a Violencia de xénero

0

Unhas sesenta persoas, entre veciños/as, concelleiros/as e traballadores/as municipais de Brión, participaron este mediodía nunha concentración veciñal de repulsa contra a violencia de xénero. Unha iniciativa programada dentro dos actos que se veñen desenvolvendo ao longo das dúas últimas semanas dentro da campaña “En negro contra as violencias”, na que o Concello de Brión participa por primeira vez.

A concentración rematou cunha alocución de Victoria Varela, responsable dos Servizos Sociais de Brión, quen asegurou que “Brión ten que ser unha única voz que diga que non imos permitir a violencia de xénero”. Varela explicou que durante este 2018 un total de 43 mulleres e 8 nenos/as foron asasinadas/os.

“Está visto que as persoas violentas non lle teñen medo nin ás políticas contra a violencia nin ás condenas. Entón o que hai que facerlles chegar e con moita claridade é que ninguén de nós o acepta”, explicou a responsable dos Servizos Sociais brioneses, quen salientou que “a forma de facelo visible é con este tipo de actos, levando carteis e mensaxes contra a violencia a todos os sitios onde estean: ao bar, á tenda, aos comercios, ao colexio… que teñan ben claro que están sos e que nós, a sociedade, non imos tolerar este tipo de comportamentos”.

Próximas actividades

Para dar continuidade á campaña, o luns 26 de novembro inaugurarase a exposición “Á violencia de xénero dille non”, que poderá ser visitada pola veciñanza no centro social polivalente ata o 9 de decembro. Trátase dunha mostra promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade e que está dirixida especialmente á mocidade. Adoptando a linguaxe da banda deseñada, a exposición retrata os estereotipos caducos sobre os que se asenta a violencia de xénero e que a poboación máis nova parece estar reproducindo de xeito preocupante.

Un día despois, o martes 27 de novembro, as escolas unitarias de Sabaxáns (de 9:15 a 10:15 horas), Os Ánxeles (de 10:30 a 12:30 horas) e A Luaña (13:15 a 14:15 horas) acollerán a campaña “Quen dixo medo?”, promovida pola Deputación Provincial da Coruña. A actividade comezará coa lectura do conto “Quérote case sempre”, de Anna Llenas, que narra a historia de amor entre Lolo e Rita, dúas personaxes que se respectan nas súas diferenzas e se adaptan para convivir en harmonía. Tomando como fío condutor a lectura do conto, o/a docente abordará diversas cuestións para axudar os mais cativos/as a afianzar conceptos básicos para a súa vida cotiá e para a correcta construción da súa identidade, establecendo relacións equilibradas, solidarias e construtivas ao tempo que aprenden a expresar as súas emocións de forma axeitada, sen insultos, gritos ou agresións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies