25N Melide contra a Violencia de xénero

0

A alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada da concelleira de Igualdade e Benestar Social, María Jesús López, e a bibliotecaria municipal, presentaron no salón de plenos da casa do concello un programa de actividades para conmemorar o 25 de novembro, día contra a violencia de xénero.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, explicaba que “no concello traballamos a reo día tras día para erradicar a violencia de xénero, non só o 25N, porque entendemos que os outros 364 días do anos tamén temos a responsabilidade de poñer todas as nosas ferramentas en marcha para tratar de concienciar a todos os sectores da sociedade sobre unha lacra que é necesario erradicar”.

Pola súa banda, a concelleira de Igualdade e Benestar Social, María Jesús López, recordaba que “en Melide contamos cun Centro de Información ás Mulleres aberto de luns a venres e totalmente gratuito para calquer muller que precise calquer tipo de asesoramento.

“LATEXANDO POLA IGUALDADE”

Este ano, o Concello de Melide aglutina todas as iniciativas que formarán parte deste programa baixo o lema “Latexando pola igualdad” co que se pretende seguir traballando na concienciación da socidade ante un problema social como é a violencia de xénero nos nosos días e na nosa sociedade.

A primeira acción que se poñerá en marcha por parte do Concello de Melide para conemmorar este día tan fixado no calendario, será a iluminación da fachada da casa consistorial de cor morado, dende o día de hoxe e ata o próximo martes.

Será o propio día 25 de novembro, domingo, cando se celebren diversos talleres pola igualdade na praza do Convento de Melide dende as 11.30h a 14.30h. Obradoiros de cociña, chapas, imáns, slim antiestrés, etc.. alternativas que irán dirixidas a un público infantil e xuvenil.

Seguindo a tónica de anos anteriores, o Concello de Melide tamén convoca este anos a todas as mulleres da vila e do rural a participar na xornada de respiro que terá lugar no Hotel Balneario Río Pambre o sábado 1 de decembro. Como é habitual, as mulleres poderán participar nesta iniciativa baixo inscrición previa nas dependencias municipais xa que existe límite de prazas.

A proxección da curtrametraxe “Miña” será outra das actividades que se engloba na programación para conmemorar o 25N. A cita con este visionado e posterior charla-coloquio será o martes 11 de decembro no edificio multiusos, unha actividade dirixida ao público en xeral.

GUÍA E VINILOS NO CHAN CON LECTURAS A FAVOR DA IGUALDADE

O Concello de Melide dende o seu departamento de Igualdade e Benestar Social traballou coa biblioteca municipal Xosé Vázquez Pintor para poñer en marcha unha iniciativa pioneira na nosa vila no referente á igualdade e a lectura.

Así e como accións para a conmemoración do 25N este ano, poñerán a disposición de todos os veciños e veciñas guías de lectura a favor da igualdade na biblioteca pública como unha ferramenta para cativos e para pais e nais de reflexión e de concienciación fronte á violencia de xénero. Estas guías de lectura poderán ser consultadas polos veciños e veciñas nas bibliotecas dos centros escolares o una propia biblioteca municipal. 

Por outra banda e con este único obxetivo de concienciar á poboación mediante a lectura, tamén serán colocados diferentes vinilos no chan dos edificios públicos onde se ofreza esa mesma información:  libros e autores que escriben a favor da igualdade e tratan esta problemática nas súas obras. “Ao ser vinilos que estarán pegados ao chan chegaremos a máis xente que cando se colgan carteis en paredes e muros que moitas veces pasan desapercibidos. Todos os veciños e veciñas van ser coñecedores das lecturas coas que contamos a favor da igualdade na nosa biblioteca pública”, conclue Ánxela López, bibliotecaria municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial