займ срочно

25N Oroso contra a Violencia de xénero

0

Oroso celebrou os actos centrais da campaña ‘En negro contra as violencias’ polo Día Internacional de Loita Contra a Violencia de xénero.

No acto central celebrado no pavillón, centos de nenos e nenas demandaron igualdade de xénero en todos os ámbitos. Aos actos asistiron o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, a concelleira de Muller, María del Carmen Liste, e os concelleiros Eduardo Veiras e Luis Rey.

María del Carmen Liste foi a encargada de ler un manifesto no que aseguraba que “a loita contra a violencia machista debe ser unha prioridade institucional e política para as administracións de todos os niveis de goberno, polo que é preciso un consenso institucional, político e social, así como a coordinación entre as diferentes administracións con competencia na materia”.

“Nos últimos tempos fomos avanzando na visibilización dalgunhas violencias machistas grazas ao traballo de mobilización e concienciación dos diferentes movementos de mulleres”, engadiu Liste, “porén temos que seguir avanzando, tamén nas institucións, e non podemos caer na falsa imaxe de que porque sexa máis visible ca en anos atrás ou haxa un marco legal máis amplo é suficiente”.

Despois do manifesto, o alumnado do IES Oroso interpretou a canción ‘‘O respecto para cando’. Ademais, no CEIP Sigüeiro representouse a obra de teatro ‘Martiña Soñadora’ e o comercio local participou nun peche simbólico.

A concelleira de Muller de Oroso agradeceu de novo “a gran implicación do comercio e de moitos outros colectivos do concello”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies