займ срочно

25N Silleda contra a Violencia de xénero

0

O vindeiro luns día 26 na Casa da Xuventude, de 17:00 a 19:00 horas celebrarase no marco da campaña En Negro contra a Violencia para conmemorar o 25N contra a Violencia de xénero, unha mesa redonda que, baixo o título de O mito do amor romántico, analizará dende un punto de vista multidisciplinar cuestións como a representación da muller e a transmisión de estereotipos.

A cita contará coa participación de tres recoñecidas expertas. Na mesa estarán Ana Torres Jack, licenciada en Psicoloxía, Orientadora Educativa e autora do libro Máis aló do azul e do rosa. Como previr a desigualdade de xénero e a violencia machista desde a familia;  Martina González Veiga,  Licenciada en Psicoloxía, Máster en Sexología, Terapia Sexual e de Parella e fundadora e directora do Centro de Sexología Con mucho gusto!  E tamén a ilustradora María Hesse, unha das máis recoñecidas da súa xeración, con perspectiva de xénero e autora entre outros das biografías de Frida Kahlo, Orgullo y Prejuicio (2017), ou El futuro es femenino (2018), ademais de ser habitual en publicacións como Jot Down, Público, ou Glamour, entre outros.

A análise dos moitos estudios e investigaciónsobre cómo os adolescentes de hoxe visualizan o amor, ou as consecuencias de identificar os ciumes, ou a posesión coma o “amor ideal”, están destras da celebración desta mesa redonda.

Esta actividade enmárcase na campaña que contará tamén coa celebración dunha concentración o venres ao mediodía na praza da Igrexa de Silleda contra a violencia de xénero.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies