займ срочно

2º Concurso de microrrelatos organizado por Gadis

0

Bisbarra, 30 de marzo do 2021 – Supermercados Gadis organiza o  2º Concurso de microrrelatos que terá como eixe central e motivación “Os descubrimentos”.

Os participantes no concurso de Gadis terán que expresar en 100 palabras como máximo o significado persoal de coñecer algo novo, aprender o ignorado, atopar o escondido.

O prazo para presentar os  microrrelatos está aberto ata o próximo 30 de xuño. A forma de concursar é accedendo á web do concurso, e achegar o seu texto literario.

Un xurado seleccionará os 100 finalistas, cos que se editarán 10.000 exemplares dun libro que se regalará nos puntos de venda e, ademais, poderá ser descargado da web en formato dixital.  As bases establecen, ademais, tres premios: o primeiro, un  Samsung  Galaxy  Tab A; o segundo, unha cámara de fotos  Intax  Mini  e, o terceiro, unha  Cafeteira Philips  L’ Or.

Supermercados  Gadis convida á participación deixando aberta as posibilidades para que cada cal explique en cen palabras que é un descubrimento, pero dá algunhas ideas na web: “unha nova canción que pos en bucle cando tes un mal día, darche conta de que esa comida que nunca soportaches agora encántache, aqueles momentos nos que comprendes o que de verdade importa ou cando atopas ese sitio que che dá paz”.

A compañía decidiu dar continuidade a esta iniciativa cultural #ante o éxito obtido no 2020, cando o concurso foi convocado baixo o lema “Toda historia comeza con tres palabras”. A idea principal viraba ao redor dos momentos máis esperados do pasado ano: “Atoparse a un mesmo, descubrir unha paixón, unha nova afección… Os encontros son as persoas, os lugares e os sentimentos…”

1.819 persoas de todo o territorio nacional animáronse a mostrar o seu enxeño coa escritura e o resultado foi un libro cos cen finalistas no que a emotividade por todo o vivido estaba moi presente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies