32 medallas para o MillaRaio no campionato provincial

0

Ames, 28 de maio do 2017 –  O club de atletismo MillaRaio ven de conseguir no campionato provincial de atletismo en pista, que se disputou na Pobra do Caramiñal, 10 medallas de ouro, 12 de prata e 10 de bronce.

Ao campionato provincial o MillaRaio levou 46 atletas nas categorías de bexamín, alevín e infantil que ao final da xornada fixéronse con 10 campionatos provinciais, 12 medallas de prata e 10 bronces que supoñen a mellor participación do club nestes campionatos.

Hai que destacar a gran variedade de probas nas que se conseguiu medallas, cubrindo todas as disciplinas atléticas desde lanzamentos a velocidade, pasando polo fondo, os saltos verticais e horizontais e a marcha.

O MillaRaio leva traballando desde o ano 2008 con unha filosofía de equipo pese a que sexan deportes individuais. A participación dos pais e outra das súas forzas e cada dan un pasiño máis participando en máis competicións e acadando máis éxitos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial