36 xinetes na ruta cabalar de Rois

0

Rois, 21 de maio do 2018 – O neno de 11 anos Samuel González Temperán, de Valga; e Jesús Rubines Bustelo, veciño de Pontecesures de 74, foron os xinetes máis novo e máis veterano dos trinta e seis que esta mañá participaron na XI Ruta Cabalar que se organizou en Rois con motivo das festas do San Isidro.

Xinetes e monturas saíron do campo da festa ás dez da mañá para percorrer diferentes lugares do municipio. Tras pasar polo punto de avituallamento e repoñer forzas, algo despois do mediodía chegaban á área recreativa de Seira, onde os cabalos puideron beber e refrescarse, e algún ata nadar. Neste punto algún dos participantes aproveitou para repoñerlle as ferraduras a súa montura, antes de continuar a ruta ata o punto de saída.

Un xantar de confraternidade, o sorteo de agasallos entre os participantes e a entrega dos premios ao máis novo e máis veterano deron paso á xincana e aos paseos a cabalo para nenos e nenas cos que rematou esta concentración, xa tradicional das festas de San Isidro en Rois.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies