займ срочно

Vedra, 9 de abril do 2018 – Miles de persoas achegáronse este domingo a San Miguel de Sarandón, en Vedra, para disfrutar da 38º edición da Festa do Viño da Ulla.

A xornada comezou coa música da Banda de Santa Cruz de Rivadulla que foi a encargada de abrir a Festa coa súa música. Despois o cantante da Orquesta París de Noia, Blas Piñor, fixo o seu papel de pregoeiro e agradeceu a deferencia que a comisión de festas tivera ao elixilo. Lembrou o tempo pasado en Vedra desde que era pequeno e votou en falta a presenza do alcalde Carlos Martínez, que estaba de viaxe por motivos persoais, como amigo que era del e da súa familia. Blas falou dos moitos dos sitios do concello nos que cantou e dixo que sempre foi tratado como un veciño máis

A continuación foi o momento da entrega de premios da cata celebrada o día anterior, unha iniciativa que busca impulsar a creación de novas añadas nos viñedos da zona. O primeiro premio foi para o Viña Marecaste 2017 da Bodega Marecaste, o segundo para Chouzal 2017 da Bodega Chouzal, estes dous do concello de Teo, e o terceiro para o viño Barallobre 2016 de Bodega Pazo de Ximonde de Vedra.

1º Premio Viña Marecaste 2017

Tras a entrega de premios pasouse ao nomeamento dos novos Amigos da bota que este ano incorporaron a nómina de defensores do viño da Ulla ao presidente da Deputación, Valentín González, O responsable de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, e ao pregoeiro e cantante da Orquestra París de Noia, Blas Piñor. Todos prometeron defender a imaxe do viño e a continuación beberon da bota.

A maña rematou co concerto de De Vacas que divertiron a un público que cada vez era maior.

A tarde continuo pelexando co tempo pero foi igualmente un éxito de público e do traballo dunha Comisión de Festas que ve apoiadas pola veciñanza as novas ideas introducidas. Un éxito que serve de pulo para a 39º edición na que xa comezan a traballar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies