Silleda e os veciños da Ponte melloran o centro social

0

Bordillos, lousas ou bancos son algúns dos elementos que foron colocados

Silleda, 14 de outubro do 2016  O Concello de Silleda, seguindo a filosofía de colaborar coas entidades veciñais, vén de contribuir xunto cos veciños e veciñas á mellora do entorno do Centro Social da parroquia de Ponte.

imaxe do centro social de A Ponte en SilledaAlí colocáronse nos últimos días un bordillo de granito, lousas na entrada do local e tamén unha mesa con bancos, xunto ao parque que está ao lado do edificio. A entidade veciñal aportou os materiais, mentres que dende o departamento municipal de Obras e Servizos se enviou personal e material para a colocación destes elementos.

Con esta actuación mellórase considerablemente o entorno do Centro Social, punto de referencia para a veciñanza desta localidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial