O Colexio Monte dos Postes, en Compostela, advirte da posibilidade de multas desde o luns

0

Según a ANPA desde a policía municipal de compostela chamaron para advertir que desde o próximo luns os coches mal aparcados, nas rúas do entorno do colexio, serán multados.
Fonte: ANPA Colexio Monte dos Postes

Santiago de Compostela, 22 de outubro do 2016 – Dende  o Colexio do Monte dos Postes adivrten que a Policia municipal de Santiago de Compostela púxose en contacto co colexio para comunicarlle que a partir do vindeiro luns 24 de outubro a Policía Local  procederá a multar aos coches que estean mal aparcados nas rúas do entorno do colexio, no horario de entrada e saída do alumnado.

Dende a ANPA do Colexio explican qiue levan tentando poñerse en contacto co Concelleiro de tráfico para aclarar este tema, pero que non conseguiron que alguen respostase ao outro lado do teléfono.

Según a ANPA “Indignanos a actitude do Concello, mais cando fai mais dun ano que falamos deste tema co Concelleiro e nos trasladou que, salvo que houbese algún problema de tráfico (atasco, retencións, perigo para os vehículos, etc..) non se multaría aos vehículos para que as nais e país pudesen deixar e recoller as nenas e nenos no colexio. Nas inmediacións do colexio non hai ningunha zona na que se podan aparcar os vehículos. Nunca se xerou ningún problema de transito nas inmediacións do colexio nen as 9.00 da maña nin as 14.00 horas”.

A ANPA do colexio explica que “Mais preocupante é ainda cando sabemos que se conveniou dende o Concello de santiago cun colexio privado, para pagarlle un aparcamento privado as nais e país mentras deixan e recollen as nenas e nenos nese colexio. Dende logo cremos que dende unha institución pública deberiase como mínimo tratar a todos os administrados por igual, e se se quere defender ao ensino público, esta dende logo non é a forma”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial