займ срочно

500 aniversario da Asemblea de Melide

0

Melide, 3 de novembro do 2020 – Melide celebrará o 500 aniversario da Asemblea de Melide, un encontro que buscou reforzar a identidade de Galicia en tempos de Carlos V.

A conmemoración dos cincocentos anos da Asemblea organizase coa colaboración do Museo Terra de Melide e Culturagalega.org. O concello reuniuse con representantes de ambas as dúas organizacións para definir as liñas xerais do proxecto.

Asemblea de Melide

O 4 de decembro de 1520 o  arcebispo compostelán Alonso III de Fonseca reuniu en Melide, centro xeográfico de Galicia, a prelados, rexedores urbanos e nobres galegos para reclamar a Carlos V o voto do reino de Galicia nas cortes da Coroa de Castela xa que ata ese momento a nosa comunidade era representada por Zamora.

Ademais de reclamar o voto a Asemblea de Melide acordou manter a Galicia ao marxe da sublevación comuneira de Castela e solicitar unha Casa de Contratación de comercio para A Coruña, peticións que tiveron como resultado que o 11 de abril do anos seguinte se creara a Capitanía Xeneral de Galiza o 11 de abril de 1521.

Negativa a dar o voto

Carlos V quitáballe importancia ao feito de que Galicia non tivera voto e contestou do seguinte xeito ” Cuanto a lo que suplicáis que ese reino tengo voz y voto en las Cortes y que no haya de estar por lo que fuere otorgado por la ciudad de Zamora(….), como ahora no se han de hacer Cortes y mi ida a esos reinos será breve, yo os ruego que en esto por ahora no sufráis para que en esto no se haga mudanza, que yendo yo allá, veré y proveeré lo que toca al bien de ese reino como es razón y él lo merece.(…).

O reino o conseguiría en 1623 grazas ás boas xestións dos diplomáticos galegos Lemos e Gondomar (e o pago de 100.000 ducados). Este esforzo valeu de pouco xa que é unha época na que as Cortes teñen un papel escaso ou nulo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies