Ordes lembra a Ramiro Recouso no cabodano do seu pasamento

0

No paseo fluvial de Ordes, que leva o seu nome, descubriuse un busto de bronce ante a presenza de numeroso público composto por amigos, familiares, compañeiros de partido, membros da corporación e veciñanza

Imaxe da homenaxe a Ramiro Recouso en OrdesOrdes, 30 de outubro do 2016.  Coincidindo co primeiro aniversario do seu pasamento o Concello e o pobo de Ordes ofreceulle a o edil do BNG Ramiro Recouso unha emotiva e calurosa homenaxe.

No paseo fluvial que leva o seu nome descubriuse un busto de bronce, obra do escultor Suso León. Arroupando este acto estiveron, ademais de veciños e veciñas, os seus compañeiros de partido, amigos, familiares, os integrantes do equipo do Goberno Local co alcalde á cabeza, ademais doutros compañeiros da escena política como a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

Por parte dos familiares agradeceron publicamente “as continuas mostras de afecto e cariño que se levan sucedendo por parte do pobo de Ordes” dende o finamento de Ramiro Recouso. Tamén destacaron o adecuado do emprazamento do busto “por situarse nun dos espazos máis fermosos da vila, dos máis transitados polos seus habitantes e que ademais lea o seu nome”. Un xesto co que unha vez máis se pon de manifesto o aprecio e o recoñecemento á figura de Ramiro Recouso. Tamén houbo intervencións nas que se ensalzou “o comportamento dun político pouco habital, o cal atendía a todas e a todos por igual indistintamente da ideoloxía ou estatus social ao que pertenceran”.

Imaxe da homenaxe a Ramiro Recouso en OrdesOs aprausos espontáneos sucedéronse ao longo de todo o acto. Tamén cando o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, lembrou “a importancia que Recouso tivo como político, pero sobre todo como home e persoa”, deixando unha onda pegada en todo o pobo. “Un recordo que non se debe perder e que grazas a este busto permanecerá preto de todas e de todos nós” asegurou.

O grupo de gaitas Embruxo de Leira foi o encargado de poñer o son tradicional coas súas gaitas, bombos e tambores. Sobrecolledor foi o instante no que para pechar a homenaxe interpretaron o himno galego e que as persoas asistentes entonaron coas súas voces. Polo menos as que o lograron, xa que moitas delas quedaron entrecortadas pola emoción.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial