54 obras optan ao I Premio Laudamuco de teatro

0

Brión, 25 de febreiro do 2019 –  Un total de 54 textos teatrais competirán pola primeira edición do Premio Laudamuco, convocado polo Concello de Brión en colaboración coa Academia Galega de Teatro e con Edicións Positivas.

O Laudamuco ten carácter anual, está dotado con 7.000 euros e coa edición da obra, e nace co obxectivo de apoiar a creación dramática en galego e contribuír ao recoñecemento da figura de Roberto Vidal Bolaño.

O alcalde de Brión, José Luís García, amosa a súa satisfacción polo gran número de textos presentados. “Estamos falando de máis de medio cento de pezas teatrais na primeira edición deste premio, polo que estamos máis que satisfeitos pola participación e esperamos que teñan a calidade que merece un premio que leva o nome da obra que se considera como o inicio do teatro profesional en Galicia”, apunta o alcalde brionés.

 Nos próximos meses, as obras serán valoradas por un xurado proposto pola Academia Galega de Teatro, que fará pública a súa decisión nun acto público en data e lugar aínda por confirmar. A entrega da primeira edición do Premio Laudamuco terá lugar o 16 de maio, no transcurso dun acto organizado polo Concello de Brión co gallo do 41 aniversario da posta en escena de Laudamuco, señor de ningures.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial