займ срочно

Oroso busca novos artistas entre a veciñanza

0

Oroso organiza unha exposición para o descubrimento de novos valores artísticos entre a súa veciñanza. A mostra está aberta á todos os que acheguen os seus traballos de pintura, debuxo, escultura ou fotografía antes do 16 de novembro.

Oroso, 5 de novembro do 2016.- O Concello de Oroso pon en marcha este mes de novembro unha nova iniciativa para o descubrimento de novos valores artísticos entre os seus veciños e veciñas. Así, o Concello organizará unha exposición de pintura, debuxo, escultura e fotografía aberta á participación de todos cantos veciños e veciñas desexen compartir a súa arte cos seus conveciños.

Para poder participar só é preciso achegar o traballo ao Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro antes do 16 de novembro e en horario de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas. “Non hai límites creativos nin tampouco de idade, xa que o obxectivo é buscar novos valores artísticos entre os nosos veciños e veciñas”, explica o concelleiro de Cultura, Luís Rey Villaverde, quen lembra que “se o GóisOrosoArte serviu para descubrir a moitos artistas entre a nosa veciñanza, agora queremos ir un paso máis aló”.

Con todas as pezas que se presenten, o Concello de Oroso organizará unha exposición no centro cultural Fernando Casas e Novoa, que poderá visitarse do 18 de novembro ao 2 de decembro. A inauguración terá lugar o mesmo venres 18 de novembro, ás 20:30 horas, coincidindo coa posta en marcha doutra iniciativa novidosa como é a I Ruta Gastronómica Bocados de Outono, na que 18 establecementos hostaleiros do municipio obsequiarán aos seus clientes cun bocado especial con cada consumición que fagan durante os días 18, 19 e 20 de novembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies