займ срочно

Máis de 60 nenos poderían quedar sen praza nos comedores escolares de Ames

0

Ames, 11 de abril do 2018 – A reunión mantida o pasado luns entre representantes das ANPAS e o concelleiro de educación David Santomil non aportou solucións e desvelou que máis de 60 rapaces poderían quedar sen praza nos comedores escolares.

Según os datos aportados na reunión renovaron praza nos comedores escolares 1059 usuarios e existen 258 novas solicitudes. Dado que o servizo solo contempla 1252 comidas, quedarían fora 65 solicitudes que pasan a unha lista de agarda. Según as informacións recollidas por Lindeiros o contrato permite un aumento de ata un 10% de usuarios pero esa posibilidade non está contemplada desde a concellaría. David Santomil relegou as decisións a un Consello Escolar Municipal extraordinario que se celebrará no mes de maio.

Outro dos temas que quedaría en mans de ese Consello Municipal sería a creación dunha comisión municipal de baremación con presenza dun representante de cada ANPA dos cinco centros escolares do concello. Esta comisión podería ter moita importancia xa que os regulamentos de baremación usados ata o momento non están actualizados e non recollen casos como os de violencia de xénero, que a normativa autonómica obriga a incluír. Tamén en mas de esta comisión poderían quedar decisións como as de eliminar a usuarios ocasionais, posibilidade recollida no contrato, para deixar espazo a prazas fixas.  

O problema dos comedores escolares mantense pese ao incremento de prazas e polo momento non hai unha solución clara, só un traslado ao Consello Escolar Municipal a celebrar en Maio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies