O Oroso TM Deporte Galego volve á senda da vitoria

0

Importante fin de semana para os equipos de tenis de mesa do Concello de Oroso que resolveron con solvencia os seus respectivos enfrontamentos.

oroso-tm-normal-22-novembro-2016_rOroso, 22 de novembro do 2016 – Na tarde do sábado, no Complexo Deportivo Juanito Amigo Ferreiro de Sigüeiro, disputábanse dous encontros. O primeiro da máxima categoría nacional feminina, a SuperDivisión que enfrontaba ás locais do Oroso ABANCA contra o recente campión de liga o CTT Balaguer Villart Logistic. Como non podía ser doutra forma, impúxose a diferenza de escuadras, e o conxunto catalán venceu por un cómodo 0-4 nun encontro en que as locais aproveitaron para dar protagonismo ás mozas xogadoras da canteira.

Moito máis transcendental era o outro encontro en lide, que enfrontaba ao primeiro equipo masculino do Oroso TM, o Oroso TM Deporte Galego contra o Vilagarcia TM na División de Honra Nacional Masculina. Ambos  conxuntos necesitaban da vitoria para afastarse da zona quente da táboa e poder enfrontar o que resta de primeira volta con máis tranquilidade e sen presión. Ademais, o conxunto orosino viña de encaixar dúas derrotas consecutivas, co que unha vitoria este sábado antollábase decisiva para cambiar o refacho e inxectar moral aos xogadores.

Comezou o partido da mellor forma para o Oroso, gañando Valeri Malov con comodidade ao hispano-arxentino Andrés Correa por 3-1 e Marcos Sanmartín nun axustado encontro á o ucraíno Sergiy Nigeruk por 3-2. Co 2-0 a favor dos locais no marcador, saltaba á pista o canteirán Uxio Regueiro contra o veterano José Luis Recuna. Discreto partido do mozo xogador local que en ningún momento atopouse cómodo e acabou cedendo por 2-3. De novo, saltaba á pista Valeri Malov, esta vez contra o mellor xogador do equipo rival, Nigeruk… Como se prevía, ajustadísimo encontro, no que puidemos ver xogadas de gran calidade e que non se decidiu ata o set final e nos puntos de vantaxes. 3-2 a favor de Malov, que achegaba un punto decisivo para o que sería o resultado final. O seguinte individual disputábano Uxio Regueriro e Andrés Correa, sen sorpresas no resultado, o arxentino levou o partido por 1-3. No último individual, Marcos Sanmartín, como se esperaba, gañaba 3-1 a Recuna e daba a vitoria por 4-2 ao Oroso TM Deporte Galego que con estes dous puntos se aúpa ata a cuarta posición moi lonxe da zona de perigo.

Destacar a primeira volta que leva o equipo de Oroso que, con tres xogadores da casa, están a saber levar a competición dunha forma impecable, situándose mesmo en postos que darían dereito a disputar a fase de ascenso. A Dirección Técnica do club encomia o bo facer desta escuadra que está a demostrar partido a partido a importancia de traballar en conxunto e afrontar como un verdadeiro equipo as adversidades que se están atopando. Sen dúbida un exemplo para seguir e polo que hai que felicitalos.

Xa na xornada do domingo, o equipo filial do CTM Espedregada Oroso, o Oroso Autos Grabanxa, desprazábase a Pontevedra a medirse contra o Monteporreiro na División de Honra Nacional Feminina. Importante encontro tamén que decidiría cal dos dous equipos afastábase da zona de perigo da clasificación. O encontro tivo cor “galega” xa que todas as xogadoras, tanto por parte do equipo local como por parte das orosinas eran nacidas en Galicia. O encontro comezaba coa vitoria por 0-3 de Silvia Alvarez contra Noa Bernárdez. Igualaban as locais o marcador ao vencer Elisabet Cadilla a Olaya Cea por 3-0, pero Noelia Igrexas daba a sorpresa ao vencer a Noelia Santiago por un axustado 2-3 e adiantaba ás de Oroso no marcador. A continuación, Olaya Cea vencía tamén por 0-3 a Noa Bernánrdez e remataba o encontro Silvia Alvarez que se impoñía por 1-3 a Noelia Santiago. Co encontro xa finalizado, Noelia Igrexas caía ante Elisabet Cadilla e deixaba o 2-4 final no marcador. Importante vitoria para o Oroso Autos Grabanxa que ascende así ata á sexta posición pero afástase substancialmente da zona de descenso, único obxectivo desta tempada.

Completaba o fin de semana de tenis de mesa a celebración do domingo pola tarde da primeira das concentracións da liga KsasTM de tenis de mesa. Cun éxito abosluto de participación con máis de 50 xogadores que se deron cita no pavillón de Sigüeiro nunha tarde no que nenos desde 5 anos ata adultos de máis de 60 gozaron do seu deporte favorito.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial