A Biblioteca do IES do Milladoiro incluida nos plans de mellora da Xunta

0

A inclusión da biblioteca do instituto do Milladoiro nos plans de mellora de bibliotecas da Xunta de Galicia suporá poder adquirir novo material e realizar novas actividades

Ames, 27 de novembro do 2016 –  A Biblioteca do IES do Milladoiro funciona como espazo aberto a toda a comunidade para fomentar o placer da lectura e doutras formas de expresión e comunicación, así como facilitar o acceso á información. A Biblioteca do IES do Milladoiro é un espazo aberto a toda a comunidade que mostra os seus fondos e actividades en colaboración coas Anpa do centro e que traballa coas bibliotecas escolares da contorna, pero tamén coa Biblioteca Municipal de Ames e coa Biblioteca Pública Ánxel Casal.

A pesar de que o espazo da Biblioteca do IES do Milladoiro non é moi amplo e os seus recursos económicos moi limitados, foi ampliando os seus fondos e as súas actividades co esforzo de toda a comunidade educativa. Este esforzo ven de ser recoñecido mediante a súa inclusión no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLANBE) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

A inclusión da Biblioteca do IES do Milladoiro no PLANBE vai permitir consolidar ese labor así como a apertura de novos proxectos, dado que significa a concesión de máis de 7.000 euros para adquisición de mobiliario, equipamento e fondos bibliográficos así como para a realización de actividades. Trátase dunha das dotacións económicas máis elevadas desta edición.

O labor da Biblioteca do IES do Milladoiro está recollido en:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/taxonomy/term/126

O club de lectura ten o seu propio blog: http://leomilladoiro.blogspot.com.es/

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial