займ срочно

41 Centros e máis de 800 alumnos participarán nunha english week este outono

0

Bisbarra, 4 de outubro do 2017 – Un total de 41 centros educativos públicos e 825 alumnos participarán, a partir desta mesma semana, nas English Week que se celebrarán no centro de inmersión lingüística dos Peares, o único de toda España dedicado en exclusiva a tal fin.

Estas english week están dirixidas ao alumnado de 6º de primaria e dos catro cursos da ESO e teñen como obxectivo a mellora das competencias lingüísticas en inglés dos estudantes. A estas 825 prazas súmanse outras 300 para centros concertados, chegando así ata os 1125 alumnos beneficiados.

Da bisbarra de Compostela participarán: o CPI Plurilingüe de Vedra, o IES Plurilingüe de Ames, e o CPI de Ponte Carreira de Frades no caso de secundaria. Nas estadías de primaria participarán o CEIP Celso Emilio Ferreiro de Cerceda, o CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto de Boqueixón e o CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz de Touro.  

Mellora da comprensión e expresión oral en inglés

As estadías desenvolveranse en quendas semanais, de domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá, e serán supervisadas por monitores. O seu custe, sufragado pola Consellería, inclúe os gastos de docencia e o material escolar, as actividades culturais e complementarias dos cursos, os gastos de mantenza e aloxamento, un certificado de realización da actividade e un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade  de  inmersión  lingüística  que  lles  permita  mellorar  as  súas  destrezas  de  comprensión  e  expresión  oral  en  lingua  inglesa. Para iso, organizaranse tanto actividades académicas como de tempo libre e obradoiros, de tal forma que se reforce a un tempo o programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas e a convivencia entre eles, promovendo a comunicación en lingua inglesa entre os participantes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies