Os comerciantes de Ames reclaman que se faga a cabalgata de reis

0

Ames, 3 de xaneiro do 2017 (fonte asociacións de comerciantes) – As asociacións de comerciantes do Concello de Ames presentamos formalmente unha queixa pola programación que comunicou  o Concello, eliminando a cabalgata de reis, que sempre percorreron as rúas de Milladoiro e Bertamiráns, por unha actividade nos polideportivos.

Escrito por rexistro

Con este motivo as asociacións presentaron un escrito no rexistro do concello sendo a primeira vez que os colectivos de comerciantes de Ames realizan conxuntamente unha comunicación en conxunto.

Cremos que existe no goberno de Ames unha falta de dialogo cos actores sociais e o que é mais desconcertante demostran unha falta de dialogo e coordinación  entre as distintas concellerías. (xa reflectida fai menos dun mes cando quixeron cambiar a paradas de taxis no Milladoiro, medida que rectificaron logo dunha reunión con comerciantes, veciños e toda a oposición co Alcalde)

Asinan a queixa

AEMI (Asociación de empresarios Milladoiro)

ACB (Asociación Comerciantes de Bertamirans)

Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira, Bulebar

Asociación Praza dá Maía, Centro Comercial Aberto (en formación)

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial