займ срочно

Unión por Ordes e Partido Popular loitan polo control do concello

0

Ordes, 6 de febreiro do 2017 – Nos últimos días Unión por Ordes presentaba unha solicitude de pleno extraordinario cunha serie de propostas que cambiarían por completo a dinámica de funcionamiento do concello. A inciativa impulsada pola que fora primeira tenente de alcalde na lexislatura anterior, Silvia Marín, quere entre outras cosas un novo reparto de dedicacións exclusivas e delgacións en organismos oficiais.

A marcha do grupo de goberno de Ordes de dous concelleiros fai que a proposta conte con moitas posibilidades de sair adiante ainda que tamén servirá para ver que postura adoptan o resto dos grupos da corporación.

Pola súa parte o Partido Popular de Ordes acusa a Marín de querer “facer caixa” a costa dos veciños e lembran que é unha persoa imputada.

Estes son os dous comunicados emitidos desde as formacións

[columns]
[column size=”1/2″]comunicado de Unión por Ordes

despois dos últimos acontecementos ocurridos no concello de ordes, que nos levaron a unha situación de total ingobernabilidade política, os concelleiros do grupo municipal unión por ordes vimos de rexistrar, e seguindo o indicado no artigo 46.2.a da lei 7/1985 de 2 de abril de bases de réxime local a petición de celebración dun pleno extraordinario.

neste pleno extraordinario unión por ordes tende a man ós grupos da oposición para intentar sobrelevar a situación na que se encontra o concello en estos momentos.

a orde do día do pleno extraordinario incluirá os seguintes puntos:

punto primeiro: fixación da periodicidade das sesións do pleno.

punto segundo: creación e composición das comisións informativas permanentes. composición do consello da emisora municipal.

punto terceiro: nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados.

punto cuarto: determinación dos cargos que leven aparellado o seu desempeño con dedicación exclusiva ou dedicación parcial e das retribucións dos mesmos.

punto quinto: fixación do importe das asistencias a órganos colexiados.

punto sexto: dar conta dos grupos políticos constituídos.

punto sétimo: fixación do importe da dotación económica dos grupos políticos.

fdo.: os concelleiros de unión por ordes.
[/column]
[column size=”1/2″]Comunicado do PP de Ordes

A  proposta de UXO para reorganizar o funcionamento do Concello de Ordes busca entorpecer a xestión e maiores ingresos para os seus concelleiros

A solicitude de celebración dun pleno extraordinario para reorganizar o funcionamento do Concello de Ordes, rexistrada onte por UXO, pretende entorpecer a xestión ordinaria do Municipio, logo de ter sido posta ao día polo alcalde popular Martínez Sanjurjo tras 8 anos de parálise nos que xeraron  unha débeda de 9 millóns de euros.

Agora, coas contas saneadas e cos principais problemas de Ordes en vías de solución, UXO trata de recuperar o seu vello xeito de facer política, poñendo as institucións ao seu servizo, e non ao servizo da cidadanía.

Proba desa xestión irregular é a imputación da concelleira Silvia Marín, unha das promotoras da iniciativa rexistrada onte no Concello. “Que a proposta xurda dunha concelleira investigada que pretende `facer caixa´ a conta do Concello debería facer reflexionar ao resto da Corporación antes de adoptar unha decisión ao respecto”, argumenta o Partido Popular de Ordes.

Máis non é Silvia Marín a única edil que arrastra problemas xudiciais como consecuencia dunha xestión arbitraria nas dúas pasadas lexislaturas, “pero diso falarase máis adiante”.

Desde o PP local lembran que UXO pretende incrementar o número de comisións e o importe das dietas por asistencia para “chupar” a conta do Concello, como fixeron durante os oitos anos que gobernaron Ordes. “Está claro que para UXO, os problemas e as carencias dos ordenses pasan a un terceiro plano; o único que lles interesa é encher a carteira a fin de mes a conta dos impostos de todos”.[/column]
[/columns]

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies