A abstención de Psoe e PP paraliza os cambios de uso do vello Peleteiro

0

Compostela, 11 de abril do 2019 – Os cambios propostos por Compostela Aberta, e apoiados no pleno polo BNG, para a finca de Peleteiro no Ensanche de Compostela foron rexeitados polas abstencións de Psoe e PP.

Antes do debate Paula do colectivo En rede, en representación de colectivos veciñais e asociativos, e Delmiro Prieto, en representación do comercio, insistiron na necesidade e urxencia de esta reforma e pediron aos responsables políticos que pensaran na  cidade e non no momento actual. Precisamente Prieto definía o proxecto como clave para o Ensanche e para Santiago

Abstencións

O Psoe comezou baseando a súa oposición a unha suposta inseguridade xurídica. Martiño cortou esa idea interpelando ao secretario, como asesor xurídico do pleno, quen informou que a tramitación era correcta e que, en todo caso, restaba un período de alegacións e antes da aprobación definitiva tería que pasar tamén pola Xunta de Galicia polo que poderíanse facer cambios si fosen necesarios. Na seguinte quenda aludiu de novo o Psoe a falta de definición de moitos aspectos do proxecto como por exemplo a titularidade dos aparcamentos.

Unha liña parecida seguiu o PP que aludiu a falta de diálogo cos veciños e cos grupos da oposición. Tamén insistiu en distintas cuestións que non quedaban claras como os cambios nas plusvalías do proxecto.

Desde o goberno municipal insistiuse en que se trataba dun proxecto de partida que podería reformarse e que fora consensuado coa veciñanza e co tecido asociativo e comercial da zona.

Acusacións do alcalde

O alcalde, Martiño Noriega, fixo uso da súa quenda para preguntar en voz alta porque Psoe e PP querían deixar enriba da mesa o proxecto dicindo que eles “non poñían o raposo a coidar das galiñas”

O proxecto precisaba de maioría absoluta para saír adiante polo que os votos a favor de Compostela Aberta e BNG non foron suficientes fronte as abstencións de Psoe e PP e a reforma quedou rexeitada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial