A administración electrónica de Ames licitarase por terceira vez

0

Ames, 14 de febreiro do 2019 – O PP de Ames ven de denunciar o “pinchazo” nos tramites de licitación da administración electrónica do concello que sae a concurso por terceira vez.

A implantación da administración electrónica en Ames forma parte do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020, financiada ao 80% con fondos DUSI. A primeira licitación iniciouse en novembro do 2018 pero tivo que desistir o proceso xa que so se configuraran os sobres “A” e “C” faltando o “B”. O 10 de decembro iniciase unha nova licitación á que se presentan dúas empresas que son rexeitadas ao longo do proceso; a primeira porque o proxecto técnico excedía en páxinas o permitido e o segundo por un informe negativo do Organismo Técnico. O pasado día 31 a Xunta de Goberno local declaraba deserto o concurso. Os feitos implican unha nova licitación, a terceira como denuncia o PP, para intentar sacar adiante a adxudicación da Administración Electrónica en esta lexislatura.

O PP carga tamén as tintas sobre o xornal impreso que edita o concello baixo a cabeceira “94 km” polo que chaman ” outra das innumerables manipulacións informativas” do equipo de goberno. O certo é que o periódico, distribuído recentemente, di literalmente que “a nova sede electrónica, que se licitou en decembro, ofrecerá, polo menos, 121 funcionalidades, coas que se favorecerá a mellora dos servizos públicos” algo que polo momento non será posible.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial