займ срочно

A ANPA Río Tella, de Teo, pinta un mural cos cativos de 5º e 6º de primaria

0

Teo, 16 de xuño do 2018 – A ANPA Río Tella, que participa de forma activa no Consello Local da Infancia e Adolescencia do Concello de Teo, ven de pintar un mural no patio do CEIP A Ramallosa.

No mural participaron alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria, tanto na concepción do propio mural como no traballo de pintura en parede. Desde o concello de Teo explican que o Consello Local da Infancia e Adolescencia pretende constituírse como espazo que facilite a coordinación entre as administracións e entidades implicadas no benestar das persoas menores de idade á vez que contribúa á participación activa da iniciativa social e ao establecemento de canles de participación de nenas, nenos e adolescentes, co obxecto de coñecer as súas inquedanzas, necesidades e intereses.

A participación de nenas, nenos e adolescentes está baseada nos dereitos fundamentais descritos na Convención dos Dereitos do Neno, na cal destaca a consideración de nenas e nenos como suxeitos de dereitos e o establecemento dun marco de interrelación coas persoas adultas, as institucións e a sociedade delimitado polos principios do interese superior do neno e da nena, e o fomento da participación para propiciar a asunción de responsabilidades en todos os asuntos que lle atinxen.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies