A antiga sede da Cruz Vermella de Ordes destinarase a aluguer social

0

Ordes, 8 de xuño do 2019 –  O Concello de Ordes vén de rematar a rehabilitación da antiga sede da Cruz Vermella, situada na zona de Queirúa, que agora destinarase a aluguer social según o acordo alcanzado.

O investimento no edificio da Cruz Vermella foi de 44.390 euros, do que algo máis do 80%  corresponde a unha subvención concedida pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Nas condicións que se deben cumprir estipúlase que deberá destinarse polo menos 15 anos ao alugamento de unidades de convivencia que cumpran os requisitos previstos na mesma orde (DOG núm. 246, 29 decembro 2017), sendo a área de Servizos Sociais a encargada do proceso de avaliación e asignación.

Ao longo dos últimos meses leváronse a cabo multitude de traballos no inmoble, o cal consta de tres dormitorios, dous baños, corredor, salón e cociña. Demolición de azulexados, pavimentos, carpinterías interiores e exteriores, instalacións eléctricas etc; a colocación de armarios, falsos teitos, pavimento interior de gres de porcelana, azulexado en baño e cociña; ademais da instalación da carpintería exterior de aluminio dotada con ponte térmica e persianas. Tamén se renovou toda a instalación eléctrica, as canalizacións de saneamento e abastecemento e as tomas de telecomunicacións (TV e telefonía). Dotouse dun sistema de climatización mediante radiadores eléctricos programables en todas as estancias e un novo acumulador de auga e, por último, acometéronse os traballos de pintura en todas as fachadas, aleiros da cuberta e teitos de terrazas.

Susana García, concelleira en funcións de Benestar Social, achegouse no día ata a nova vivenda para ver de primeira man o resultado final desta intervención, dándolle o seu visto e prace.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial