A Ánxel Casal rende homenaxe a Xabier Docampo

0

Compostela, 4 de xuño do 2019 – A biblioteca Ánxel Casal rende homenaxe ao longo da xornada de hoxe ao escritor Xabier Docampo cunha lectura en público das súas obras.

 Xabier Docampo, o mestre das viaxes imaxinarias, en palabras de Héctor Cajaraville. acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil con  Cando petan na porta pola noite. Ofreceu múltiples historias para rapazada e A nena do abrigo de astracán que foi a gran obra construída ao longo da súa vida; unha novela para todo tipos de lectores e lectoras. Os seus libros sempre foron escritos coa paisón coa que vivía, cheos de Docampo un cidadán comprometido: coa lingua e a cultura, creador de plataformas para a defensa da identidade e a dignidade como Prolingua e de tantas outras aventuras como GALIX, Nova Escola Galega ou BLOC (unhas que se manteñen e outras que só el podía soster).

Na Ánxel Casal hoxe a partir das 10da mañá e en horario de tarde a partir das 17.00 horas) leranse as súas obras. Según a nota enviada desde a biblioteca “Facémolo porque mentres se len as obras dun escritor este segue vivo (e necesitamos mantelo entre nós), porque ler é a mellor homenaxe a un escritor, e tamén, convencidos de que a lectura (e máis na nosa lingua) é sempre un acto de resistencia e identidade”.

Organización. Entidades participantes:

Biblioteca Ánxel Casal, Prolingua, Asociación Cultural O Galo, GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), ALUMNI USC, Compostela literaria (Libraría Chan da Pólvora, Libraría Lila da Lilith, Libraría Os mundos de Carlota, Edicións Positivas, Urco Edicións, Editorial Tulipa, Libraría Tirana, Editorial Tandaia, Editorial Auga, Carlos Meixide, Através editoria), Asociación de Veciños Plataforma Galeras,  Asociación Cultural Xermolos, Irmandade Manuel María, Asociación Cultural Vagalumes da Estrada, Fundación Alexandre Bóveda, Revista Galega de Educación, Nova Escola Galega, Asociación Socioeducativa Antonio Godoy, … xunto cos centros de ensino IES Rosalía de Catro, IES Pontepedriña, IES Xelmírez I, IES Xelmírez II, CEIP López Ferreiro, CEIP Raíña Fabiola.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial