A Asociación Aldea Viva de Touro di que a empresa da mina oculta datos nos informes

0

Touro, 14 de xaneiro do 2019 – A Asociación Aldea Viva ven de revisar, con axuda de expertos, os informes presentados pola empresa mineira e conclúe que a  declaración de Impacto Ambiental (DIA) debe ser negativa.

Según Aldea Viva tódolos investigadores galegos tiran da análise a mesma conclusión: existe intencionalidade na ocultación de datos que evidencian que a mina non é viable.

Según a asociación unha das cousas que sorprendeu a os investigadores foi a pouca concreción dos informes. Según explican a documentación está pouco organizada e, en moitos casos, resulta repetitiva. Nun proxecto de estas dimensións sorprende que moitas das partes estean por definir e que datos como a valoración de efectos sobre as augas,morfometría, os usos do solo correspondería aos proxectos de detalle posteriores.Todo semella estar aberto a detalles.

Entre os aspectos técnicos que analizaron apuntan que os modelos hidrolóxico-hidraulicos e de balance de augas aportados pola empresa carecen da máis elemental sistemática, e son dunha dificultade extraordinaria á hora analizar e concluír sobre os posibles impactos da explotación durante 14 anos.

Para Aldea Viva outra mostra do pouco rigor científico que teñen estes informes atopase no referente ós vertidos ó dominio público hidráulico, xa que só se fala dos procedentes da planta de tratamento, que por outra banda, deixan de producirse a partir do ano 7 e que son só unha mínima parte do total; a asociación pregúntase “que ocorre o resto dos anos? Non hai vertidos ós cauces?. Cal é o destino das escorrentías  e en que proporción chegan ós cauces?.Hai algunha estimación das cargas contaminantes?? A resposta é non”.

Erros intencionados?

Aldea Viva considera que estes erros son presuntamente intencionados. Poñen como exemplo que nos informes que Cobre San Rafael entregou á administración galega só existe unha análise sobre a situación dos ríos da contorna. Este informe tería a finalidade de xustificar que a contaminación actual débese á litoloxía da cunca . Para isto realizouse unha única campaña de mostraxe o 15 de maio de 2018; algo que para os investigadores é insuficiente e non cumpre as esixencias disciplinadas no Real Decreto 817/2015 para as mostraxes cada 4 meses, e no caso de sustancias prioritarias como o cadmio ou o níquel especificase que serán mensuais ó longo dun ano. Aldea Viva lembra ademais que as entulleiras están en contacto directo co río polo que parece pouco crible a hipótese da empresa.

Lexislación

A empresa según a asociación usa a lexislación que máis lle convén en cada momento. Para as as analíticas do cadmio e outros metais, a empresa utiliza unicamente as normas da O.M.S, que se refiren ás toxicidades para o home. Por outra banda a Federación Ecoloxista Galega nas súas alegacións basease nas normas europeas de calidade das augas superficiais que son moi esixentes no caso do cadmio e a vida piscícola. Unha normas europeas que son de aplicación en España en virtude do Real Decreto 817/ 2015.

Por todo isto Aldea Viva considera que a Declaración de Impacto Ambiental debe ser denegada. Presentará na Xunta de Galicia tódolos informes técnicos e nun comunicado “advírtelle ó goberno galego que non lle queda outra que rexeitar o proxecto se non queren traspasar as fronteiras da legalidade”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial